Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de información pública sobre a solicitude para a instalación dunha planta de almacenamento e regasificación de gas natural licuado.

Cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese a información pública por prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio o expediente incoado pola solicitude de licenza municipal presentada por Gas Galicia, SDG, S.A. para a instalación dunha planta de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración en Xove, Telleira (polígono 35, parcela 67).

Durante o citado prazo poderanse presentar as alegacións que se consideren oportunas mediante escrito dirixido ao alcalde do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Xove).

Xove, 6 de febreiro de 2013

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde