Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4373

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo D.F. 428/2012, interposto por Juan Marí Puget.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo D.F. 428/2012, interposto por Juan Marí Puget, contra a disposición da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia do 8 de novembro de 2012, pola que se regulariza o expediente persoal.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, nesta data e de conformidade co disposto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o cal se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 (cinco) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública