Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2012/106-2, 8075 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS para subministración eléctrica na rúa do Mercado, 1-3.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

– CT en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 1.260 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instalan tres celas de liña, dúas de protección e unha de interruptor pasante.

– Desprazamento dun tramo de LMTS con orixe no CT proxectado e final no CTC (02631) Edificio Eladio, cunha lonxitude de 32 metros.

– LMTS a 20 kV, con orixe no CT proxectado e final no CTC 05166 Campo da Feira, cunha lonxitude de 79 metros en condutor tipo RHZ-240.

– RBTS a tensión trifásica de 400 V e monofásica de 230 V, con orixe nos cadros de baixa tensión do CT proxectado e final nas CXP do edificio que se vai electrificar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de xaneiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo