Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4382

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (137/2012).

Sentenza 137/2012.

En Betanzos, o vinte e oito de setembro de dous mil doce.

Resolvo que estimando a solicitude de divorcio formulada pola procuradora Sandra Amor Vilariño, en nome e representación de Ana María García Fojo, contra Francisco Javier Ponte Seoane, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio de ambos os cónxuxes, que tivo lugar en Irixoa o día 4 de maio de 1991, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

Todo isto sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela poden interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado e nun prazo de vinte días a partir da súa notificación do que, de ser o caso, coñecerá a Audiencia Provincial.

En canto sexa firme esta resolución, lévese a cabo a oportuna anotación no Rexistro Civil de Irixoa, onde consta inscrito o matrimonio, quede nas actuacións certificación e inclúase esta no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos correspondentes, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Carmen Castro Pérez
Asinado