Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (810/2010).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1, fai saber que en virtude do acordado na execución de títulos xudiciais 34/2011, por instancia de Elena Fernández Fernández contra José Insua López, con domicilio na Cruz, número 6, Carballido, Vilalba, Lugo, por un principal de 12.747,07 euros, máis 2.500 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, mediante o presente anúnciase a venda en poxa pública, polo prazo de vinte días, dos seguintes predios catastrais:

1. Predio catastral número 270650A092004050000FQ, sito en Vilalba, Lugo, polígono 92, parcela 405, Os Castelos. Valorado en 1.592,40 euros.

2. Predio catastral número 27065A093004440000FY, sito en Vilalba, Lugo, polígono 93, parcela 444, Fonte de Marín. Valorado en 2.618 euros.

3. Predio catastral número 27065A09300480000FG, sito en Vilalba, Lugo, polígono 93, parcela 480, Fonte Marín. Valorado en 2.603,25 euros.

A poxa terá lugar o día 2 de abril de 2013 ás 10.00 horas na Sala de Audiencias da Oficina Xudicial, sita na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo, sendo a valoración do predio para os efectos de poxa unha vez practicada a liquidación de cargas.

A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se poxan, estarán de manifesto na Oficina Xudicial, sede do órgano de execución e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa. Que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existen títulos, e que as cargas e gravames se os houber ao crédito do demandante continuarán subsistindo e que, polo só feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles se o remate se adxudicar ao seu favor.

Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta na entidade Banesto, e con número de conta 2322 0000 64 0034/11, o 30 % do valor do predio para os efectos de poxa, devolvéndose as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nesta, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do órgano xudicial, para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar así mesmo no devandito xustificante se, de ser o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou parte a un terceiro, identificándoo adecuadamente.

Poderán realizarse ofertas por escrito desde o anuncio da poxa ata a súa realización.

E en cumprimento do acordado libro o presente.

Lugo, 22 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial