Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4464

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 25/2013, do 14 de febreiro, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar a María Jesús Lorenzana Somoza.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil trece,

Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar a María Jesús Lorenzana Somoza.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar