Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4484

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2012

Convenio

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

378.123,85

7.9.2012

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da obra de acondicionamento hidráulico do río Con na rúa Florida, en Vilagarcía de Arousa de clave OH.436.1004, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do P.O. Feder Galicia 2007-2013.

603.362,41

10.9.2012

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Mondariz e Ponteareas para a execución das obras: senda fluvial dos ríos Tea e Xabriña no concello de Mondariz (Pontevedra), de clave OH.436.1020, e senda fluvial do río Tea no concello de Ponteareas (Pontevedra), de clave OH.436.1021.

668.238,01

27.9.2012

Convenio de cooperación entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e Endesa Generación, S.A. para a preparación e impulso do plan territorial integrado da bacía hidrográfica do río Eume.

Sen importe

1.10.2012

Convenio de colaboración entre o ente público Portos de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Malpica para a execución e mantemento da EDAR de Malpica en terreos da zona de servizo do Porto de Malpica, A Coruña.

Sen importe

5.10.2012

Addenda nº 2 ao convenio subscrito pola sociedade estatal Aguas de las Cuencas del Norte, S.A., o Concello de Monforte de Lemos, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e Augas de Galicia para a construción e explotación da actuación: ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos.

6.180.475,41

18.10.2012

Addenda nº 1 ao convenio subscrito pola sociedade estatal Aguas de las Cuencas del Norte, S.A., o Concello de Ourense, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e Augas de Galicia para a construción e explotación da actuación: mellora do saneamento de Ourense: EDAR de Ourense.

67.391.000

12.11.2012

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Nigrán para posta en marcha no concello de Nigrán de medidas de aforro de auga a través de sistemas de control intelixentes.

63.076,90

28.11.2012

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade da Coruña relativo ao proxecto: parzaría de apoio técnico á consolidación da Administraçao Regional de Águas do Norte (Ara-Norte), Mozambique.

48.176,25

19.12.2012

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a empresa Amphos 21 Consulting, S.L. relativo ao proxecto: parzaría de apoio técnico á consolidación da Administraçao Regional de Águas do Norte (Ara-Norte), Mozambique.

109.946,80

19.12.2012

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade Politécnica de Catalunya relativo ao proxecto: parzaría de apoio técnico á consolidación da Administraçao Regional de Águas do Norte (Ara-Norte), Mozambique.

49.119,91

19.12.2012

Addenda nº 2 ao convenio subscrito pola sociedade estatal Aguas de las Cuencas del Norte, S.A., o Concello de Ourense, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e Augas de Galicia para a construción e explotación da actuación: mellora do saneamento de Ourense: EDAR de Ourense.

49.000.000

20.12.2012

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e o Concello de Pontevedra para a execución das obras de infraestruturas hidráulicas en parroquias do concello de Pontevedra. Fase 2.

10.000.000

27.12.2012

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Axencia Galega de Infraestruturas, Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros para o financiamento e execución dos proxectos de urbanización, abastecemento e saneamento nos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante.

13.819.010,80

27.12.2012

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento aos concellos de Cervo e Burela.

195.000

27.12.2012

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e o Concello de Marín para a execución e financiamento de infraestruturas hidráulicas no concello de Marín.

5.655.590

27.12.2012

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Nigrán para a posta en marcha no concello de Nigrán de medidas de aforro de auga a través de sistemas de control intelixentes.

63.076,90

27.12.2012