Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle dá publicidade á renovación dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, punto 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, resolve dar publicidade no DOG á renovación da autorización ambiental integrada concedida á instalación industrial que se relaciona a seguir e que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, 2º andar.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

– Resolución do 9 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Viza Automoción, S.A.U. para a planta de fabricación de armaduras e compoñentes para o sector de automoción localizada no concello do Porriño (Pontevedra) (nº rexistro AAI: 2006/0356_NAA/IPPC_088; clave expediente renovación 2012-IPPC-M-82).