Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4608

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de febreiro de 2013 pola que se modifica a autorización do centro privado Montecastelo, do concello de Vigo.

O representante da titularidade do centro privado Montecastelo, do concello de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Equipos Electrónicos de Consumo, e do ciclo formativo de grao superior (CS) Mantemento Electrónico, e a autorización do CS Automatización e Robótica Industrial. Tamén solicita autorización para impartir o CM Sistemas Microinformáticos e Redes en quenda de mañá.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o ciclo formativo de grao medio de Equipos Electrónicos de Consumo e o ciclo formativo de grao superior de Mantemento Electrónico, e autorizar a implantación do ciclo formativo de grao superior de Automatización e Robótica Industrial, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Montecastelo.

Código do centro: 36011191.

Domicilio: r/ Doutor Paz Pardo, 84, A Gandariña.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

2. Con respecto ao ciclo formativo de grao superior de Mantemento Electrónico suprimirase o primeiro curso ao remate do curso académico 2012/13, e o segundo curso ao remate do curso académico 2013/14.

3. Composición resultante:

• Educación infantil: 3 unidades.

• Educación primaria: 6 unidades.

• Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

• Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais.

– Quenda de mañá:

• 1 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– Quenda de mañá e tarde:

• 1 CS Automatización e Robótica Industrial (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria