Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O.4925/2012, interposto por Damarís Rodríguez Aday.

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio no cal se solicita a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo interposto por Damarís Rodríguez Aday contra resolución desta secretaría pola que se inadmite, por esgotamento do crédito, a solicitude de axuda extraordinaria para emigrantes galegos retornados e para os seus familiares ao abeiro de lo establecido na Resolución do 2 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola se convocan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o ano 2012 (DOG nº 70, do 12 de abril).

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración