Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal de obra e de actividade para un proxecto básico e de execución dunha nave industrial e a instalación dunha actividade de almacén de produtos rematados de Comercial Malasa, S.L., no polígono industrial do Acevedo (Cerceda), parcela número 27 (clave de MAS/19 2013).

Antonio Pérez Patiño, actuando en nome de Comercial Malasa, S.L. e de Promotora Inmobiliaria Nevolido, S.L., solicitoulle a esta alcaldía unha licenza de obra e actividade para un proxecto básico e de execución dunha nave industrial e a instalación dunha actividade de almacén de produtos rematados de Comercial Malasa, S.L., no polígono industrial do Acevedo (Cerceda), parcela número 27. Esta empresa emprazaríase na parcela número 27 do polígono industrial do Acevedo (Cerceda).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de 20 días, co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinala na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 23 de xaneiro de 2013

José García Liñares
Alcalde