Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de febreiro de 2013 pola que se notifica resolución que decreta a caducidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 13 de decembro de 2002 a Hermanos Montes Míguez, S.C. e transferida por Resolución do 15 de maio de 2003 a Mariña Esmar, S.L.

Con data do 24 de xaneiro de 2013, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo cuarto da Orde do 30 de marzo de 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar, emite resolución en que declara, nesa data, a caducidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 13 de decembro de 2002 a Hermanos Montes Míguez, S.C. e transferida por Resolución do 15 de maio de 2003 a Mariña Esmar, S.L. para ocupación de parcela de dominio público portuario con destino á construción dunha nave para taller de reparación de motores mariños no porto da Pobra do Caramiñal, o que determina a extinción anticipada da concesión, a reversión da superficie ocupada e das instalacións ao dominio público portuario, e a incautación da totalidade das garantías que, se é o caso, se constituísen para responder da explotación e/ou construción da concesión.

Intentada a notificación nos dous enderezos que constan no expediente, e ao non ser posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal á mercantil Mariña Esmar, S.L., a presente resolución de expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia.

A concesión caduca polo incumprimento da condición xeral 16ª e da particular 5ª do título concesional, e a concorrencia das causas de caducidade previstas na condición xeral 32ª, letras a) e f).

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, nun prazo máximo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia ou ao da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia nun prazo máximo dun mes contado desde a mesma data.

Os servizos técnicos competentes de Portos de Galicia realizarán as actuacións precisas que requira a extinción anticipada da concesión administrativa e a formalización da acta de reversión ao dominio público portuario nun prazo máximo de tres meses contados desde a emisión da resolución de caducidade. Os interesados deberán retirar do espazo portuario antes do levantamento da acta todos os materiais, equipamentos ou utensilios que sexan da súa propiedade, e que non revertan gratuitamente ao dominio público.

Para o seu exame, o expediente completo está nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia