Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2013 polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32047/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo o 11 de decembro de 2012.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avda. de Zamora, nº 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 5 de febreiro de 2013

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo

ANEXO

Expediente número: 32047/2012.

Interesado: Compro Oro × Euro, S.L.

NIF: B86294683.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.