Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2013, da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 25 de marzo de 2013, ás 10.00 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1. Único

Furgón marca Fiat, modelo Scudo Combi 2.0 HDI, 8 prazas, potencia 120 CV. Quilómetros no marcador 130.592. Bastidor ZFA27000064032946. Data de matriculación xuño de 2007, cor gris.

6.400,00 €

Sen cargas

6.400,00

100,00

Lote 2. Único

Turismo marca Mercedes, modelo C220 CDI Avantgarde, matrícula 9046CMR. Quilómetros no marcador 324.053. Bastidor WDB2030061A294988. Data de matriculación 3.1.2006, cor gris.

8.000,00 €

Sen cargas

8.000,00

200,00

Lote 3. Único

Turismo marca Citroën C4 Gran Picasso 1.6 HDI Exclusive de 110 CV, matrícula 0197FMC. Bastidor VF7UA9HZC45044612.

8.500,00 €

Sen cargas

8.500,00

200,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Lugo, rua Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a Mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artígo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, neste caso a Mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a Mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á Mesa da poxa.

A Mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 13 de febreiro de 2013

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo e presidente da Mesa