Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4829

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación para o alleamento, mediante poxa, de maquinaria e apeiros agrícolas de titularidade da Deputación.

No perfil do contratante da Deputación provincial de Ourense, na páxina web
www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para proceder ao alleamento, mediante poxa, de maquinaria e apeiros agrícolas de titularidade da Deputación Provincial de Ourense. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto día (15º) natural seguinte ao da publicación do presente anuncio, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XI do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es.

Ourense, 5 de febreiro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense