Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de exposición pública sobre solicitude de licenza para a instalación dunha explotación avícola.

Casa de Neira, S.C. solicita desta Alcaldía licenza municipal para a instalación dunha explotación avícola en Sestos, O Sisto. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante o dito período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Dozón, 6 de febreiro de 2013

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde