Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 18 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto dunha instalación no concello das Somozas (REIG 15/17318).

Para os efectos previstos no punto 4 do artigo 13 do Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban as medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, sométese a información pública o proxecto das instalacións que se describen:

Solicitante: Sociedad Gallega de Residuos Industriales, S.A. (Sogarisa).

Domicilio social: parque empresarial das Somozas (As Somozas, 15565).

Denominación: planta de tratamento de residuos industriais.

Situación: parque empresarial das Somozas (As Somozas, 15565).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo Monelos, 1ª planta, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto de instalación.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña