Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave de comercio por xunto de produtos alimenticios.

Distribuciones Seoane e Hijos, S.L. solicitou a esta Alcaldía licenza municipal para a apertura e funcionamento dunha nave para comercio por xunto de toda clase de produtos alimenticios, situada na parcela H-11 do polígono de Vilar do Colo, Laraxe. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formulen por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Cabanas, 1 de febreiro de 2013

Germán Castrillón Permuy
Alcalde