A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 25 de xaneiro de 2013, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro: aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta da actuación illada número 1 do PXOM que comprende os predios descritos no proxecto expropiatorio elaborado pola Oficina de Planeamento-Xestión con data de novembro de 2012.
Segundo: abrir un trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular, no referente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Terceiro: notificar individualmente as follas separadas de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que figuren como titulares de bens e dereitos no presente expediente expropiatorio para que poidan formular alegacións no prazo dun mes desde a súa notificación.
Cuarto: remitir o presente acordo ao Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo para a práctica da anotación de inicio do expediente expropiatorio perceptuada no artigo 22 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias para a inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística.
Quinto: notificar o presente acordo a Unión Fenosa Distribución, S.A. que actuará no presente procedemento en calidade de beneficiaria cos dereitos e obrigas previstos na lexislación de expropiación forzosa».
O expediente estará á disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo (praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen pertinentes na súa defensa, entendéndose o período de exposición pública desde a primeira publicación ata pasado o mes desde a última publicación.
Vigo, 31 de xaneiro de 2013
(Resolución 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

