Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 178/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTA, CTI, RBT, Lamacido.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,320 km, coa orixe na LMT MEA-827 (Ortigueira), tramo entre os CC.TT. Soutomor (expediente 50437) e CT Telefónica Amena (expediente 224/01), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CTI Lamacido proxectado.

– Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,235 km, coa orixe no CTI Lamacido, condutor tipo RZ e apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº 178/2012. Concello: Ortigueira. Provincia: A Coruña.

LMTA, CTI, RBT, Lamacido.

Nº predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml. aér.

ml. sub.

m2 aér.

m2 sub.

18

Monte de Lamacido

Monte alto

Josefa Pena Maragoto

Estr. Ferrol-Viveiro. Edificio Loureiro, O Barqueiro nº 94, 15339 Mañón, A Coruña

88.0

1.180.0