Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fan públicas resolucións correspondentes a expedientes de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Promoción do Emprego da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de xaneiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2012/081-5.

Nome: María do Sameiro Araujo da Silva.

NIE: X1523149C.

Último enderezo coñecido: Caticovas, 2-A, Meis, 36634 Pontevedra.

Feito imputado: non manter a actividade económica que fundamentou a concesión da subvención por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 17.1.a) da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: procedencia do reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: REINT 2012/083-5.

Nome: Rodrigo Fernández Duarte.

NIF: 35585905Y.

Último enderezo coñecido: rúa Zamora, 96, baixo, Vigo, 36211 Pontevedra.

Feito imputado: non manter a actividade económica que fundamentou a concesión da subvención por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 17.1.a) da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: procedencia do reintegro da axuda.