Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivo do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-230/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega a resolución de arquivo do expediente sancionador, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana núm. 79-2º, 32003 Ourense.

Non obstante o anterior, e de acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 8 de febreiro de 2013

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-230/12.

Denunciada: Pizarro Vinos, S.L.

NIF: B32320459.

Establecemento: Keops.

Enderezo: rúa Pizarro, núm. 14, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.