Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5405

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 21 de febreiro de 2013 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga que afecta o persoal que presta servizos de limpeza no Hospital Clínico-Hospital Gil Casares e Hospital Provincial-Hospital Psiquiátrico en Santiago de Compostela, desde as 7.00 horas do día 27 de febreiro ás 7.00 horas do día 1 de marzo, e das 7.00 horas do 13 de marzo ás 7.00 do 15 de marzo.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A folga convocada polo comité de empresa Clece, S.A. afectará o persoal que presta servizos de limpeza no Hospital Clínico-Hospital Gil Casares e Hospital Provincial-Hospital Psiquiátrico en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de febreiro e o 1, 13, 14 e 15 de marzo de 2013, desde as 7.00 horas do día 27 de febreiro ás 7.00 horas do día 1 de marzo, e desde as 7.00 horas do 13 de marzo ás 7.00 horas do 15 de marzo de 2013.

Logo da audiencia ao comité de folga, a conselleira de Sanidade

DISPÓN:

Artigo 1

A folga convocada afecta todos os traballadores e traballadoras que prestan servizos de limpeza no Hospital Clínico-Hospital Gil Casares e Hospital Provincial-Hospital Psiquiátrico en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de febreiro e o 1, 13, 14 e 15 de marzo de 2013, desde as 7.00 horas do día 27 de febreiro ás 7.00 horas do día 1 de marzo, e desde as 7.00 horas do 13 de marzo ás 7.00 horas do 15 de marzo de 2013.

A dita folga deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Para o establecemento dos criterios reitores e os servizos esenciais, tivéronse en conta os seguintes factores para a cobertura da seguridade en relación coa hixiene do ambiente sanitario: o risco para os pacientes e traballadores derivado da realización de actividades e uso de materiais que sexan potencialmente contaminantes, a imposibilidade de demorar a prestación de asistencia e o volume de pacientes atendidos.

Así mesmo, tomouse en consideración que a folga terá lugar en dous períodos, ambos correspondentes a días laborables e consecutivos (27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, por unha banda, e 13, 14 e 15 de marzo), durante as tres quendas de traballo de xeito ininterrompido (desde as 7.00 h do día de comezo ás 7.00 horas do día de remate).

De acordo coa motivación anterior, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria no centro sanitario, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga, coa atención aos usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

Entrando na análise dos servizos mínimos, establécense os seguintes criterios reitores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais:

I. Urxencias, laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación poscirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise: o 100 % do persoal.

II. Radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización: 70 % do persoal.

III. Restantes áreas: 50 % do persoal.

Artigo 2

A determinación dos profesionais necesarios con base nos criterios anteriores, faraa a empresa contratista coordinadamente coa xerencia dos centros e a súa fixación debe estar adecuadamente motivada, mediante a designación nominal e individual, que deberá recaer nos profesionais designados de xeito rotatorio.

Os profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios dos centros, con antelación ao comezo da folga.

O profesional designado como servizo mínimo, que desexe exercer o seu dereito de folga, poderá instar a substitución da súa designación por outra/o profesional que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos da empresa contratista e exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as prestacións mínimas.

Con tales premisas, no anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberán observarse as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO
Centro: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Hospital

Categoría

Servizo

Número de efectivos
de servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Clínico

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

21

19

2

Clínico

Limpadora

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio urxencias e hospitalización

23

20

2

Clínico

Limpadora/peón

Restantes áreas

6

6

 0

Clínico

Encargado

 

0

0

 0

Clínico total

50

45

4

Conxo

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

5

6

0

Conxo

Limpadora

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio urxencias e hospitalización

7

5

1

Conxo

Limpadora/peón

Restantes áreas

1

1

 0

Conxo

Encargado

 

0

0

 0

Conxo total

13

12

1

Gil Casares

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

0

0

 0

Gil Casares

Limpadora

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio urxencias e hospitalización

3

1,5

0

Gil Casares

Limpadora/peón

Restantes áreas

1

0,5

0

Gil Casares

Encargado

 

0

0

 

Gil Casares total

4

2

1

Psiquiátrico

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

0

0

 0

Psiquiátrico

Limpadora

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio urxencias e hospitalización

8

4

1

Psiquiátrico

Limpadora/peón

Restantes áreas

0

0

0

Psiquiátrico

Encargado

 

0

0

 0

Psiquiátrico total

8

4

1

CHUS total

75

63

7

 

145