Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5539

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013 (ED114A).

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2013, é preciso publicar a seguinte corrección:

Na páxina 1266, no artigo 7.1, parágrafo segundo, onde di: «Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ...», debe dicir: «Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución na páxina web, ...».