Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da subvención e declarar a perda do dereito ao seu cobramento relativa ao expediente de axuda á reestruturación e reconversión de viñedo número 32-10-079.

Por non ser posible notificar polo servizo de Correos, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle mediante este anuncio ao interesado que se sinala no anexo o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da axuda e declarar a perda do dereito ao cobramento relativo ao expediente de reestruturación e reconversión de viñedo núm. 32-10-079.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Explotacións Agrarias, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do dito acordo de inicio e a súa constancia.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Concédese ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida presentar alegacións e achegar a documentación que coide conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión e declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida no expediente de axuda á reestruturación e reconversión de viñedo núm. 32-10-079.

Interesado: Rafael Palacios Muro.

Último domicilio coñecido: praza Andrés de Prada, 3. 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense.

Acto de notificación: acordo de inicio.