Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5796

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (84/2012).

Eu, María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que no rolo civil nº 84/2012, dimanante do procedemento ordinario número 213/2010, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Tui, recaeu sentenza, do teor literal seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Valdés Garrido, María Begoña Rodríguez González, Jacinto José Pérez Benítez, ditou, en nome do Rei, a seguinte sentenza número 189.

En Pontevedra o doce de abril de dous mil doce.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 213/2010, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Tui, aos que correspondeu o rolo número 84/2012, nos que aparece como parte apelante-demandante: DG Center Atlántico, representada polo procurador Ángel Cid García e asistido pola letrada Mercedes Doval González, e como parte apelado-demandado: Montytextil Mayoristas, non comparecido neste alzada, e sendo relator o maxistrado, e sendo ponente o maxistrado Francisco Javier Valdés Garrido, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos:

Estímase parcialmente o recurso de apelación e revógase parcialmente a sentenza de instancia impugnada, e, en consecuencia, con estimación parcial da demanda interposta pola entidade DG Center Atlántico, S.L., contra a entidade Montytextil Mayoristas, S.L. condénase a demandada ao aboamento á demandante das seguintes cantidades:

1. A suma de 82.878,96 euros, correspondente ás mensualidades de renda do arrendamento de setembro de 2009 a xuño de 2010, ambos os dous inclusive, vencidas á data de presentación da demanda e recoñecidas na sentenza de instancia, máis os correspondentes xuros legais da devandita suma desde a data de interposición da demanda ata o seu completo pagamento.

2. A suma de 180.525,66 euros, correspondentes ás mensualidades de renda do arrendamento de xullo de 2010 a outubro de 2011, ambos os dous inclusive, percibidas desde a data de interposición da demanda ata a data do acto do xuízo, máis os correspondentes xuros ata o seu completo pagamento.

Todo iso sen facer especial imposición tanto das custas procesuais da primeira instancia como das correspondentes á presente alzada.

Fágase devolución da demandante recorrente do depósito constituído para poder recorrer en apelación.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Montytextil Mayoristas, S.L., estendo e asino o presente edicto.

Pontevedra, 6 de xuño de 2012

Mª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial