Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 33/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Leira (expediente 33.621).

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión (LMT) aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,082 km, con condutor LA-56/54,6 mm² Al, coa orixe no apoio nº 19 existente da LMT LAR-703, tramo entre CT Monte da Mina (expediente 51.821) e o CT Leira (expediente 33.621), e final no CT Leira proxectado.

Centro de transformación (CT) intemperie Leira, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, en substitución do existente do mesmo tipo (expediente 33.621), que se instala sobre un novo apoio tipo HVH-13/1600 na mesma localización do existente, no concello de Carballo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña