Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Jolu, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Jolu, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria e universal que tivo lugar o 1 de decembro de 2010, no Rexistro Provincial de Cooperativas. Consta o aumento do capital social mínimo que queda establecido en 67.515,18 euros.

Vigo, 5 de febreiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo