Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6243

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (763/2009).

Estefanía Cotobal Martín, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, fai saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento ordinario co número 763/2009 nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ourense, vinte e oito de setembro de dous mil once. Vistos por min, Mª Teresa Marcos Mariño, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, con competencia mercantil de Ourense, os presentes autos do xuízo ordinario rexistrados co número 763/2009, seguidos perante este xulgado entre partes, dun lado, como parte demandante, a entidade Suministros y Transportes Río Trives, representada pola procuradora Sra. Mónica Vázquez Blanco e asistida pola letrada Cristina Paz Elías contra a entidade Nacional 10 Horas, S.L. (Halcourier, Envíos Urgentes), declarado en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda formulada pola procuradora Sra. Mónica Vázquez Blanco en nome e representación da entidade Suministros y Transportes Río Trives contra Nacional 10 Horas S.L. (Halcourier, Envíos Urgentes), en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de principal de 3.107,41 euros, máis os xuros legais dos artigos 110, 1101, 1108 do Cc, e 576 da LACi, con expresa imposición das custas á parte demandada. A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, que se deberá interpoñer no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación e prepararse ante este mesmo xulgado conforme o disposto nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil. De conformidade coa disposición 15.4 da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, será requisito necesario para recorrer en apelación, constituír un depósito de 50 euros que se consignará na conta de depósitos e consignacións deste xulgado. Notifíquese esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas quedando testemuño dela nestes autos. Así o acordo, mando e asino, Mª Teresa Marcos Mariño, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense.

En atención ao ignorado paradoiro da parte demandada Nacional 10 Horas, S.L., Halcourier, Envíos Urgentes, de conformidade co prevido no artigo 497 da Lei de axuizamento civil, expido este edicto co fin de que sirva de notificación da Sentenza do 28.9.2011 á dita parte demandada, e fáiselle saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da publicación deste edicto no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Ourense, 7 de decembro de 2011

A secretaria