Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6361

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para a construción dunha estación de servizo, oficina e restaurante en Fontoira, Padriñán.

Solicitada desta presidencia por Alimentaciones del Norte Loferca, S.L. licenza municipal (expediente A-028/12) para levar a cabo a construción dunha estación de servizo, oficina e restaurante no lugar de Fontoira, parroquia de Padriñán, en cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de exposición pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (rúa Cesteiros, 14, baixo, Sanxenxo).

Sanxenxo, 5 de febreiro de 2013

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo