Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6020

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 20 de febreiro de 2013 pola que se nomean novos vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se derroga a Orde do 2 de marzo de 2012 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

En desenvolvemento da autorización contida na disposición adicional terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobouse o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante, Amtega) e se aproban os seus estatutos. A dita axencia pública autonómica, adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ten por obxecto a definición, desenvolvemento e execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia relativa a tecnoloxías da información e comunicacións, así como innovación e desenvolvemento tecnolóxico.

O artigo 13 do Estatuto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia prevé que cada consellería da Xunta de Galicia estea representada no seu Consello Reitor por un vogal, así como que a persoa titular da Dirección da Amtega é membro nato do Consello Reitor e desempeña unha das súas vogalías. O nomeamento destes vogais e o dos seus suplentes corresponde á persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo de 2012, publicou a Orde do 2 de marzo de 2012 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Os cambios producidos na estrutura orgánica da Xunta de Galicia (Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia), así como o cesamento nos seus postos de diversos vogais e a constitución efectiva da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fan necesaria a modificación da Orde do 2 de marzo de 2012 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Tendo en conta que esta orde consta dun único artigo («Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia as seguintes persoas»), e co fin de garantir a maior seguridade xurídica, derrógase a Orde do 2 de marzo de 2012.

Con base nas circunstancias anteriores, e de conformidade con cada unha das consellerías, cómpre facer o nomeamento de novos vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia as seguintes persoas:

a) En representación da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

Vogal titular: Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Vogal suplente 1ª: Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Vogal suplente 2º: Juan José Martín Álvarez, director xeral de Xustiza.

b) En representación da Consellería de Facenda:

Vogal titular: Elena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda.

Vogal suplente 1ª: Mª Socorro Martín Hierro, secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.

Vogal suplente 2º: Mauro Fernández Dabouza, director xeral do CIXTEC.

c) En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

Vogal titular: Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vogal suplente 1º: José Antonio Fernández Vázquez, secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vogal suplente 2º: José Antonio Domínguez Varela, vicesecretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

d) En representación da Consellería de Economía e Industria:

Vogal titular: Francisco José Conde López, conselleiro de Economía e Industria.

Vogal suplente 1º: Borja Verea Fraiz, secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria.

Vogal suplente 2º: Manuel Antonio Varela Rey, director da Axencia Galega de Innovación

e) En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Vogal titular: Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Vogal suplente 1º: Jesús Oitavén Barcala, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Vogal suplente 2º: Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

f) En representación da Consellería de Sanidade:

Vogal titular: Rocío Mosquera Álvarez, conselleira de Sanidade.

Vogal suplente 1º: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade.

Vogal suplente 2º: Benigno Rosón Calvo, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

g) En representación da Consellería de Traballo e Benestar:

Vogal titular: Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar.

Vogal suplente 1ª: María Jesús Lorenzana Somoza, secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Vogal suplente 2º: Pablo Nimo Ríos, vicesecretario xeral da Consellería de Traballo e Benestar.

h) En representación da Consellería do Medio Rural e do Mar:

Vogal titular: Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Medio Rural e do Mar.

Vogal suplente 1º: Francisco José Vidal-Pardo Pardo, secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Vogal suplente 2º: Carlos Gabín Sánchez, subdirector xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais.

i) En representación da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

María del Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Disposición derrogatoria única

Derrógase a Orde do 2 de marzo de 2012 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza