Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato de arrendamento sen opción de compra de oito (8) vehículos tipo turismo para uso das diversas unidades da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, así como o seu mantemento preventivo e correctivo (AB-EIP1-12-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-12-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de subministracións.

b) Descrición: arrendamento sen opción de compra de oito (8) vehículos tipo turismo para uso das diversas unidades de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, así como o seu mantemento preventivo e correctivo.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 34114300-2.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 24 de agosto de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 142.372,86 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 113.898,28 euros.

b) Importe total: 134.400,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de outubro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 29 de novembro de 2012.

c) Contratista: Empresa Monforte, S.A. (CIF A-15019243).

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: 113.280,00 euros.

• Importe total: 137.068,80 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés