Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6419

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4309/2010).

Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4309/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa José Reguera Domínguez (Bazar Los Ángeles) e Clotilde Boullosa Portela, sobre xubilación, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza que con data do 28 de xuño de 2010 se ditou en autos 333/2010, tramitados polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, por instancia de Clotilde Boullosa Pereira e pola que se acolleu a demanda formulada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para lle sirva de notificación en forma á empresa José Reguera Domínguez (Bazar Los Ángeles), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013

O secretario xudicial