Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2013 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001-18-2013 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

Por vacante (Artigo 4.3 do Decreto 184/2011; DOG nº 189, do 3 de outubro)
Mª Jesús Muñoz Chesa
Xerente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expedientes: 15R001-18-2013, 15R001-48-2013, 15R001-32-2013, 15R001-36-2013 e 15R001-46-2013.

Interesado: Alberto Lorenzo Jiménez.

NIF: 33296170-J.

Acto notificado: acordos de iniciación.