Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de febreiro de 2013, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestre devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01334-O-2011 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o director xeral de Mobilidade ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2013

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01334-O-2011

6425-GHH

Garda Civil 3201 A47914C

Miguel Blanco Rodríguez

44463854-R

Rúa do Peto, 2, 2º C, 32630 Xinzo de Limia, Ourense

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

24.10.2011; 20.12; A-52; 0202,00

Art. 140.24 da LOTT, art. 197.24 do ROTT

Art. 143.1.g) da LOTT, art. 201.1.g) do ROTT

2.001

XC-00056-O-2012

PO-2467-BM

Garda Civil 1504 Z27752V

Transportes González Alcar, S.L.

B15868102

Lg. Rianxiño, 107 D, 15920 Rianxo, A Coruña

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

15.11.2011; 10.46; local e concello 1

Art. 140.24 da LOTT, art. 197.24 do ROTT

Art. 143.1.g) da LOTT, art. 201.1.g) do ROTT

2.001

XC-00306-O-2012

1765-BGX

Garda Civil 1500 C35644I

Disbecom, S.L.

B36589265

Prado, 18, 36500 Lalín, Pontevedra

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 25 % en vehículos de ata 10 tm. Exceso de peso superior ao 35 %.

30.1.2012; 19.03; AC-552; 29,400

Art. 140.19 da LOTT, art. 197.19 do ROTT

Art. 143.1.h) da LOTT, art. 201.1.h) do ROTT

4.600