Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 215/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTS Lugar de Cances, nº 18.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,610 km, con orixe en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS a CS avda. Fisterra, 319 (expediente 13/2008), no tramo entre o CS avda. Fisterra, 319 e o CR Ventorrillo (expediente 25963), en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al e final no CTS Lugar de Cances, nº 16, proxectado.

– Centro de transformación non prefabricado subterráneo, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña