Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6688

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (433/2012).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, mediante este anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 433/2012, que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, por instancia de Banque PSA Finance fronte a María Ángeles Lata González, ditouse sentenza o 14 de decembro de 2012 e auto de rectificación dela o 11 de xaneiro de 2013.

E atopándose a dita demandada, María Ángeles Lata González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma, facendo saber aos interesados que poderán dirixirse a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a resolución indicada cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á notificación.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial