Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2013, do Servizo Técnico-Xurídico, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada 2012/055-RA-P, en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a quen non se lle puido facer por correo certificado, a resolución do recurso de alzada en materia de protección do patrimonio cultural.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992 o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do recurso de alzada, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2013

Beatriz Otero Schmitt
Xefa do Servizo Técnico-Xurídico

ANEXO

Recurso de alzada: 2012/055-RA-P.

Interesado: Rafael Lago Loureiro.

Enderezo: A Zapateira, Cabaleiros, s/n, 36415 Mos.

Feitos imputados: realización de recheo de terras nunha parcela sita no lugar do Carballal, na parroquia de Cabral, no concello de Vigo, no ámbito do castro do Carballal, sen autorización previa da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Resolución notificada: resolución do recurso de alzada.