Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6760

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de información pública sobre apertura de local para almacén de zoosanitarios non perigosos en Vilasobroso (Mondariz).

Secundino Covelo González, en representación de Tesis Galicia, S.L., solicitou nesta alcaldía licenza municipal segundo proxecto para apertura de local para almacén de zoosanitarios non perigosos, que se situará nunha construción na parcela nº 119, do polígono 17 en Vilasobroso, termo municipal de Mondariz. Sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Mondariz, 11 de febreiro de 2013

Julio Alén Montes
Alcalde