Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6813

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a celebrar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Denominación do curso

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Segunda. Entidade organizadora

Biocontrol y Calidade Alimentaria, S.L.U.

Terceira. Data

Os días 6, 13, 20 e 27 de abril de 2013.

Cuarta. Lugar de realización

Instalaciones Frinsa del Noroeste, S.A., avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).

Quinta. Número de prazas

Máximo 25 alumnos.

Sexta.

Dirixido a todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

Sétima. Criterios de selección

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

Oitava. Presentación de solicitudes

Solicitude o segundo modelo do anexo.

Novena. Programa.

Día 6.4.2013

9.00-14.10 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación II.

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas de biocidas.

Día 13.4.2013

9.00-14.10 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 20.4.2013

9.00-14.10 h

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Día 27.4.2013

9.00-14.10 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Test de avaliación.

Décima. Certificado de superación do curso

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 6, 13, 20 e 27 de abril de 2013.

Lugar de realización do curso:

Instalaciones Frinsa del Noroeste, S.A.

Avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48

15969 Ribeira (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 9.00 ás 14.10 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pago a Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., avenida Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7, 15006 (A Coruña). Teléfono: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa: ............................................................................................................

CIF: .....................................................................................................................

Enderezo: ............................................................................................................

Localidade: ..........................................................................................................

Telf.::............................................................Fax:....................................................

Correo electrónico: ..............................................................................................

Apelidos: ..............................................................................................................

Nome: ...................................................................................................................

NIF: .......................................................................................................................