Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7030

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre nave para xovencas e construción de almacén para forraxe, fosa e silo en Cardexía-Filgueira (expediente 7047/13).

Por instancia da entidade S.A.T. Vila, representada por Abel Vila Souto, estase a tramitar no Concello de Lalín o expediente para a obtención da licenza de legalización de nave para xovencas e construción de almacén para forraxe, fosa e silo, sita no lugar de Cardexía, parroquia de Filgueira, Lalín (Pontevedra) (expediente 7047/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este, durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 25 de febreiro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo