Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7032

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial dunha modificación puntual do PXOM.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 26 de decembro de 2012, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a supresión da delimitación da UEI-16 Cornazo e a subscrición dun convenio urbanístico, redactados pola arquitecta Carmen Santiso Rolán e pola avogada Lucía Santiso Rolán.

De conformidade co establecido nos artigos 85.2 e 237.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG do 31 de decembro) (modificada pola Lei 15/2004; Lei 6/2008; Lei 18/2008; Lei 2/2010 e Lei 15/2010) (Louga), a modificación puntual e convenio citados estarán expostos ao público na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación neste diario.

Vilagarcía de Arousa, 5 de febreiro de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde