Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7045

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 44/2013, do 7 de marzo, polo que se nomea director da Axencia Galega das Industrias Culturais a Jacobo Sutil Nesta.

En virtude do establecido no artigo 20 dos estatutos da Axencia Galega das Industrias Culturais, aprobados polo Decreto 150/2012, do 12 de xullo, e nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de dous mil trece,

Nomeo director da Axencia Galega das Industrias Culturais a Jacobo Sutil Nesta.

Santiago de Compostela, sete de marzo de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria