De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 25 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de programas de desenvolvemento xitano polas corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2007/2013.
Finalidade da axuda: a presente orde regula a convocatoria de subvencións ás corporacións locais para o cofinanciamento de programas desenvolvidos polos servizos sociais de titularidade municipal dirixidos á inclusión sociolaboral do pobo xitano residente en Galicia.
Norma reguladora: Orde do 25 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de programas de desenvolvemento xitano polas corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2007/2013 (Diario Oficial de Galicia, nº 126, do 3 de xullo).
Crédito orzamentario: 518.218,93 euros, na aplicación orzamentaria 12.08.313C.460.1
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2013
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
Anexo
|
Solicitante/Corporacións locais |
Importe concedido |
|
Bergondo |
8.442,16 |
|
Quiroga |
25.179,43 |
|
Arteixo |
21.922,87 |
|
Ribeira |
24.757,96 |
|
Verín |
17.284,63 |
|
Lugo |
48.660,00 |
|
Culleredo |
23.023,74 |
|
O Porriño |
28.795,53 |
|
Xinzo de Limia |
46.250,00 |
|
Narón |
22.992,01 |
|
Teo |
0,00 |
|
Ourense |
49.988,50 |
|
Maside |
23.939,20 |
|
Esgos |
8.126,71 |
|
Monforte de Lemos |
3.150,00 |
|
Santiago de Compostela |
26.521,25 |
|
Marín |
988,17 |
|
Ribadavia |
2.740,85 |
|
A Coruña-Varios ast. |
50.000,00 |
|
A Coruña-Ponte P. |
30.000,00 |
|
Pontevedra |
9.750,00 |
|
Maceda |
11.488,80 |
|
Viveiro |
29.591,12 |
|
O Carballiño |
3.877,50 |
|
Redondela |
748,5 |

