Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: anexo 1 LMTS, CT A Barca.
Situación: concello de Mugardos.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 2×0,233 km, con orixe en empalmes que se realizarán na LMTS proxectada no expediente 91/2011, actualmente en tramitación, no tramo comprendido entre a subestación Vilar do Colo e CT Catro Camiños (expediente 4480), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm² Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saia do CT proxectado.
Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 13 de febreiro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

