Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7994

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (291/2012).

Eu, Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente edicto anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Elena Calvo López contra Sergio Franquelys Vasquez López ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada pola procuradora Susana Tomás Abal, en nome e representación de Elena Calvo López, contra Sergio Franquelys Vasquez López en rebeldía procesual, e debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os esposos litigantes o día 30 de xuño de 2001, que foi inscrito no Rexistro Civil Central no tomo 01616, páxina 116 da Sección 2, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta e, ademais, atribúese a custodia do fillo común, Diego Vasquez Calvo, á nai, Elena Calvo López, con obriga do pai, Sergio Franquelys Vasquez López de satisfacer alimentos a favor do fillo na suma de 100 euros mensuais que se actualizarán conforme varíe o IPC anualmente. Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se substanciará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Sergio Franquelys Vasquez López, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial