Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de almacén de madeira e instalación de fabricación de molduras e perfís de madeira no polígono industrial de Espiñeira.

Neste concello tramítase expediente por instancia de Mª Soledad Fungueiriño Fernández, en representación de Maderas Valentín, S.L., para licenza de actividade de ampliación de almacén de madeira e instalación de fabricación de molduras e perfís de madeira que se situará na parcela 38 do polígono industrial de Espiñeira, 1ª fase, parroquia de Boiro, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 15 de febreiro de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde