Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Mezquita

ANUNCIO de exposición pública do expediente de delimitación de núcleo rural común A Mezquita.

Neste concello tramítase o expediente de delimitación de núcleo rural común A Mezquita, con base na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas posteriores modificacións. Exponse ao público durante o prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Durante este tempo poderá ser examinado e poderanse formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

A Mezquita, 21 de febreiro de 2013

Rafael Pérez Vázquez
Alcalde