Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8093

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 009 (oficial 2ª agrario) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril) convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 009 (oficial 2ª agrario) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Por medio da Orde do 18 de novembro de 2008 (DOG número 227, do 21 de novembro) elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Por medio da Orde do 2 de febreiro de 2009 (DOG número 25, do 5 de febreiro) procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 009 (oficial 2ª agrario) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre, convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 22 de marzo de 2013, ás 11.30 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresaron pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal en que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite, en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa ante a Consellería de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Denominación

Cons.

Grupo/categ.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Titulación

Formación

Observacións

1

EDC994020136420023

Oficial 2ª agrícola

ED

IV-009

CIFP A Granxa (Ponteareas)

Servizos Periféricos

Ponteareas

Segundo convenio

Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

2

MRC040010127001075

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Laboratorio de Sanidade/Produción Animal de Galicia (Lugo)

Dirección Xeral de Produción Agropecuaria

Lugo

Complemento salarial de singularidade por toxicidade. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

3

MRC060010115010104

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Complemento salarial de singularidade por penosidade.

4

MRC060010115010108

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Complemento salarial de singularidade por toxicidade.

5

MRC060010115010111

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Xornada especial, complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

6

MRC060010115010114

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Complemento salarial de singularidade por toxicidade.

7

MRC060010115010117

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

8

MRC060010115010118

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Xornada especial, complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

9

MRC060010115010123

10

MRC060010115010124

11

MRC060010215490005

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Estación Experimental de Gandaría de Montaña de Marco da Curra (Monfero-A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Monfero

Xornada especial, complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

12

MRC060020215120023

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Boqueixón

Xornada especial, complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

13

MRC060020215120024

14

MRC060020215120025

15

MRC060020215120026

16

MRC060020636001026

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Pontevedra

Xornada especial, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

17

MRC060020636001028

Oficial 2ª agrario

MR

IV-009

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Pontevedra

Coñecementos de poda de altura