Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de febreiro de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU3/87/2011-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Luis Paz López, no expediente núm. IU3/87/2011-R1 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 3 decembro de 2012, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes en parcelación urbanística e construción de varias edificacións con tipoloxía de vivenda unifamiliar e construcións auxiliares levadas a cabo no lugar de Duancos, no termo municipal de Castro de Rei (Lugo).

O expediente mencionado encóntrase á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que coide procedentes.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística